miércoles, 27 de octubre de 2010

Funcionario,traballar por conta allea ou traballar por conta propia?

Funcionario:
Vantaxes:

  • Tes seguridade no teu traballo.
  • Un salario fixo tódo-los meses.
  • Ningunha carga emocional ao non ter que asumir ningunha decisión difícil.
  • Ao ter xornada intensiva tes o resto do día para a túa familia ou para o que tu queiras e facilita a conciliación entre o traballo e a familia.
  • Podes coller excedencias,permisos e vacacións.
Inconvintes:

  • Para poder acceder a un posto de traballo tes que aprobar unhas oposicións que require un gran esforzo.
  • Pouca marxe de manobra por parte do individuo.
  • Salario menos competitivo.
  • Non fomenta a flexibilidade nas tarefas.

Crear a túa propia empresa:
Vantaxes:

  • Permite proxectar obxectivos e metas persoais e profesionais.
  • Independencia económica con posibilidades de ingresos moi altos.
  • Horarios flexibles.
  • Permite liderar en toda a empresa.
  • Desenvolvemento profesional sen órdenes dos teus xefes.
  • Permite desenvolver a creatividade.
Inconvintes:

  • Inestabilidade asumindo riscos de perder cartos.
  • Require un gran esforzo persoal e de recursos.
  • Asumes riscos e cargas emcionais continuamente.
  • Posibilidades de fracasar no intento de emprender.
Traballar por conta allea:
Vantaxes:

  • Existe un elevado número de posibilidades de acceder a posicións parecidas no mercado.
  • Forza á persoa a ser sempre competitivo no mercado.
  • Moi pouca carga emocional ao non asumir riscos operativos financieiros dunha empresa propia.
  • Dereito a recibir unha indemnización en caso de desemprego.
Inconvintes:

  • Dependencia directa do estado do mercado laboral.
  • Pouco desenvolvemento das capacidades individuais ao depender dos superiores.
  • Esixe actitudes e aptitudes importantes para desenvolver as tarefas que che encarga a empresa onde traballas.